Jose Molina volve estar de parabén. O gardameta branquiazul foi
elixido Mellor Deportista Español de 2002 pola revista Cambio 16.
O xurado tivo en conta non só a súa traxectoria deportiva, excelente na
Coruña, senón tamén a súa personalidade dentro e fóra dos campos de xogo
e a batalla que o gardameta foi capaz de gañar á enfermidade.