RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Molina: Se seguimos nesta liña, encaixando poucos goles, estaremos aí arriba ao final

José Francisco Molina, xa un dos porteiros menos goleados da categoría, con tres tantos encaixados en catro partidos, compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. -Que impresións saca do partido de onte? -Pois boas.

-Como ve vostede o malgaste físico que fan os seus futbolistas?
-Pois é moi interesante ver aos teus compañeiros correr moito durante os partidos. Neste sentido estamos a traballar moi ben.

-É positivo que aínda non se coñece a derrota?
-Si. A verdade é que estamos moi contentos por iso. Creo que mantemos unha boa liña.

-E de momento entre os menos goleados da categoría.
-Esa é a liña que debemos manter. Estou convencido de que se encaixamos poucos goles estaremos aí arriba ao final.

-Que lle parece que o equipo gañase un plus de agresividade?
-Pois me parece ben, sempre dentro da legalidade.

-E agora, a Zaragoza?
-Si. Vai ser un partido difícil. Son un bo equipo, sobre todo en casa. Marcan moitos goles, creo que onte fixeron tres.

-Cre que os árbitros deben de protexer máis a xogadores como Valerón?
-Deben tratar a todos por igual. Un árbitro o que ten que facer é cumprir estritamente co regulamento.

-Os de onte do Betis fóronse uns pouco descontentos coa arbitraxe.
-Eu normalmente dos árbitros non me gusta opinar.