RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Montero, agradecido á afección: "Isto témolo que sacar todos xuntos"

Francisco Javier Montero foi hoxe o portavoz do cadro ante os medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

O central deportivista fixo fincapé en que "isto o temos que sacar todos xuntos. Non só os xogadores senón tamén os nosos afeccionados", en alusión ao bonito momento vivido ao acabar o choque do pasado sábado en Santander, co equipo en pleno aplaudindo á afección desde o céspede e a inchada devolvendo ese aplauso desde a bancada.

Do Sardinero, destaca que "na segunda parte o equipo soubo o que facer. No descanso o míster púxonos as pilas. Así é como temos que saír". "O míster díxonos o que estabamos a facer mal, rectificámolo e saímos enchufados na segunda parte, que é como debemos de saír", aclara.

Ademais, está convencido de que ao Dépor viralle unha xeira boa, tal e como lle sucedeu a outros equipos en parecida situación clasificatoria, como o Málaga CF: "Claro que vai chegar. Non teño ningunha dúbida".

A nivel persoal, confesa que "está a levar moi ben" a situación actual do equipo a pesar de ser un dos futbolistas máis novos do cadro. "Os capitáns, a xente de aquí, todo o corpo técnico axúdanme", apunta.

Coincide con Álex Bergantiños, que onte tamén indicaba na sala de prensa que "non nos vén mal" o partido en Fuenlabrada deste sábado 2 de novembro (16:00 horas, Movistar LaLiga 1), fóra outra vez de ABANCA-RIAZOR: "Opino igual que o capitán. Estou de acordo con el", subliña Montero, quen prometeu ademais que o equipo sairá a "gañar o partido en Fuenlabrada, a correr e o que o míster diga que teñamos que facer, iso faremos".

Cre que ao equipo pódelle influír "un pouco esa tensión que hai por gañar. A confianza que tes en ti mesmo pódeche pasar factura, poñerte nervioso e que non che saian as cousas". No entanto, o defensor branquiazul recalca que cun triunfo "a confianza do equipo sobe, a da afección, a de todos".