RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera asegura a dúas semanas da liga, que ''cada vez o equipo atópase mellor''

  Pedro Mosquera atendió aos medios de comunicación esta mañana na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio de Riazor, Paseo da Habana), minutos después de sumarse aos case 23.000 abonados deportivistas.

Asegura, respecto da 71 edición do Trofeo Teresa Herrera de mañá martes, que todos os partidos do verán "son importantes, mesmo en campos aos que imos que non son as mesmas condicións que en Riazor son importantes para que o equipo renda neste tipo de campos. Pero si é verdade que é o primeiro partido diante da afección e queremos que se vaian os afeccionados con bo sabor de boca".

Do Vilarreal, advirte o centrocampista coruñés que é "un equipazo. Pola súa banda ao ter competición europea empezou antes a prepararse e seguro que ten un plus físico respecto de nós. Vai ser unha boa pedra para ver como estamos de face ao comezo de Liga".
 
E do Dépor, asegura Mosquera que "quedan dúas semanas aínda para prepararnos, pero cada vez estamos mellor, cada vez o equipo atópase mellor, sabe o que quere o míster, as ideas en ataque, en defensa, que facer cando tes o balón, cando non o tes".