RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA viaxa este sábado por estrada a Madrid para visitar ao Real Madrid CF o domingo 21 ás 18:30

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 20 de setembro por estrada a Madrid para visitar no Estadio Alfredo Di Stéfano ao Real Madrid CF o domingo 21 ás 18:30 (Dazn), en choque correspondente á 4ª xornada en Liga F.

Antes de viaxar, Fran Alonso dirixirá unha última sesión de adestramento en Abegondo a partir das 10:15 horas.

O regreso á Coruña de AS Nosas será após o partido, tamén en autocar.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Sábado 20 de setembro
10:15: Adestramento en Abegondo
12:30: Comida na Cidade Deportiva
13:15: Saída en autocar
19:45 (hora aproximada): Chegada á AC Hotel San Sebastián de los Reyes

Domingo 21 de setembro
18:30: Real Madrid CF - Deportivo ABANCA, no Estadio Alfredo Di Stéfano
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña