RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Munitis pide aos seus compañeiros que en Madrid traballemos como leóns

Pedro Munitis compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O futbolista cántabro non esquece o seu pasado madridista: "Pasei dous anos marabillosos aí, aínda que o últimos seis meses foron malos para min porqu

O internacional deportivista referiuse á suposta crise pola que atravesa o Real Madrid. "Teñen un potencial enorme e seguro que vai ser moi complicado puntuar alí", avisa Munitis, para quen o ideal "é xogar lonxe de Molina, aínda que ás veces iso despois tamén é moi difícil". Pide adiantarse no marcador e impedir que eles marquen pronto, "para que non collan esa confianza que lles fai máis perigosos aínda".
Respecto da posición do equipo, en zona UEFA, Pedro Munitis cre que "fai dous partidos estabamos desafiuzados e agora estamos nun dos postos que dan dereito a disputar a Copa da UEFA e creo mesmo que con opcións a mirar un pouco máis lonxe. No entanto, antes de falar do futuro, prefiro centrarme en tratar de sacar algo positivo o domingo". Tivo Munitis palabras de eloxio para Iago, ao que recomendou traballo e constancia, e así mesmo opina que os deportivistas que saian o domingo de inicio no Santiago Bernabéu "deben traballar como leóns".