RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Munúa e Alberto serán os dous porteiros do Deportivo no Santiago Bernabéu

Lotina citó a Gustavo Munúa e a Alberto, titular nestes momentos no Fabril, para viaxar a Madrid esta tarde ás 17.45 desde Santiago para enfrontarse ao Real Madrid mañana domingo (21.00 horas, Canle Plus) no Estadio Santiago Bernab&ea

"Falei con Fabricio e non vou desvelar publicamente a conversación que tiven con el, pero desde logo fixen o que creo que debía de facer vistas todas as circunstancias" explicou Lotina en rolda de prensa respecto da ausencia da meta canario, ata agora suplente de Dani Aranzubía en Liga e Copa da UEFA, pero titular por exemplo nos partidos de Copa do Rei. Un xornalista preguntou a continuación a Lotina se a partir de agora deixaría de contar con Fabricio. "É que hai preguntas que se contestan sólas", respondeu o adestrador do Deportivo.

Ademais de Munúa e Alberto, completan a convocatoria estoutros 17 xogadores: Antonio Tomás, Laure, Verdú, Bodipo, Cristian, De Guzman, Filipe, Juan Rodríguez, Lafita, Lopo, Mista, Manuel Pablo, Riki, Ze Castro, Sergio, Colotto e Valerón.

O equipo hospedarase en Madrid no Hotel NH Abascal e regresará o luns á Coruña. Todo o persoal está citada para adestrar o martes ás 10.30 no Mundo do Fútbol xa que o domingo 1 de febreiro visitará Riazor o Vilarreal a partir das 17.00 horas.