RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Nahuel xa se adestra no Dépor

Matías Nahuel Leiva Esquivel (Rosario, Arxentina, 22 de novembro de 1996), un dos reforzos de inverno do RC Deportivo, xa se adestra como xogador deportivista.

O novo atacante branquiazul, após chegar á Coruña este mesmo mediodía, adestrouse esta tarde en Termaria - Casa del agua ás ordes do preparador físico Julio Hernando.

Foi unha sesión moi suave, de apenas 45 minutos de duración, cunha carreira suave nunha das cintas; e estiramentos na sala 4 do complexo deportivo coruñés.

Mañá sábado, día do partido ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, LaLiga 1|2|3), Nahuel exercitarase cos seus novos compañeiros a partir das 11:00 horas no estadio, nunha sesión a porta pechada.