RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Natxo, Donato, Manuel Pablo e Diego Tristán brillaron no Estrella's Friday

O Dépor do presente e do pasado máis glorioso déronse cita esta tarde nos xardíns de Méndez Núñez para participar na Estrela's Friday da zona comercial Área Obelisco, co patrocinio de Estrela Galicia, Abanca e o Concello.

Durante case unha hora, decenas de deportivistas saudaron, fotografáronse e levaron os autógrafos de xogadores que marcaron unha época e que recibiron o agarimo de afeccionados de todas as idades que non quixeron deixar pasar esta oportunidade de coñecer aos seus ídolos.