RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González comeza o traballo táctico de cara ao choque ante a UD Almería

Trala paréntese da fin de semana sen liga pola expulsión do CF Reus, o Deportivo continuou hoxe luns 18 de marzo coa preparación da seguinte cita ligueira, a visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR, prevista para este venres 22 de marzo (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Despois dunha serie de adestramentos de recuperación física e mental a pasada semana, o técnico deportivista xa incorporou hoxe un exercicio táctico ofensivo ao plan de traballo diario. Antes, os futbolistas branquiazuis, hoxe ademais co fabrilista Pedro López, arrancaron cun quecemento, uns rondos e unha tarefa de posesión.

Adestráronse á marxe do grupo os tocados Krohn-Dehli e Nahuel; e Carlos Fernández e Quique González, ambos co readaptador Fran Molano. Edu Expósito, con permiso, non pasou hoxe pola Cidade Deportiva.

Mañá martes, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 11.00 horas.