RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nenos da Baña, Melide, Boqueixón e Boimorto visitan Riazor

Os 43 nenos dos concellos da Baña, Melide, Boqueixón e Boimorto que gozan esta semana do Campus de Fútbol 2002 organizado polo Deportivo e patrocinado pola Deputación visitaron esta mañá as instalacións do Estadio, a Deportienda e a Praia Club.


Estes nenos, acompañados polos seus monitores, forman parte dos 125 nenos de 12 concellos da provincia que participan na segunda quenda do campus e que se aloxan en Acea de Ama. Alí fan amigos e conviven uns días, asisten ao curso de fútbol cos técnicos do Deportivo e practican tenis, natación, etc. Na súa visita desta mañá achegáronse un pouco máis ao Deportivo, coñeceron o Estadio, os Palcos VIP, fotografáronse cos trofeos na Deportienda e viron as instalacións da Praia Club.

Durante toda a semana terán distintas actividades e visitas culturais pero unha moi especial: esta tarde asistirán ao primeiro adestramento da tempada do Deportivo en Riazor.


Seguro que estes serán uns días para non esquecer.