RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nenos da provincia visitan o Estadio

Os nenos de Culleredo, Sada, Arteixo e Bergondo que participan no Campus de Fútbol 2002 -que organiza o Deportivo e patrocina a Deputación- visitaron esta mañá os Muíños de Acea de Ama, o Xardín Botánico de Culleredo, o Estadio de Riazor e a Cidade Deport


Esta visita, que combina cultura e deporte así como moita información sobre o club herculino, é un descanso na semana de intenso traballo e deporte dos nenos, que gozaron co paseo por Riazor, os vestiarios, os palcos VIP e a sala de prensa así como coa Copa do Rei, trofeo co que se fotografaron. Sen ningunha dúbida, unha forma de achegarse máis ao club e de gardar bos recordos branquiazuis para o futuro.

O resto dos nenos do Campus da Deputación así como os participantes na terceira quenda do campus do Deportivo traballaron con normalidade en Acea de Ama nesta asollada xornada.

O venres outro grupo visitará as instalacións e ademais, os nenos da terceira quenda recibirán o Diploma de asistencia ao I Campus RC Deportivo.