RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Northius renova co RC Deportivo

O grupo de formación galego, Northius, mantén o seu acordo de patrocinio co RC Deportivo para o ano 2025. 

Northius, que alcanzou un novo fito económico con 90 millóns de euros en ingresos acumulados a mes de setembro de 2024, revalida o seu apoio tanto ao club como á cidade da Coruña, onde ten as súas oficinas centrais con máis de 600 empregados. 

A relación entre o club e o grupo de formación fórxase antes do ascenso a Segunda División do equipo branquiazul. 

Mediante este patrocinio, Northius mantén o seu apoio a un club que conta con máis de 30.000 abonados, unha cifra que supera as de moitos equipos de Primera División e que demostra a implicación de #ANOSAFORZA.

Susana Sánchez, Directora Adxunta, (na foto acompañada por Paulo Dinís, Director Financeiro e de Estratexia do RC Deportivo), sinala que "Northius ten alma coruñesa, cidade na que foi fundado o grupo. Un dos grandes símbolos da cidade da Coruña é, sen dúbida, o Deportivo. Somos uns coruñeses máis que apoian a este club para que volva estar onde merece".