Mario Soriano Carreño (Torrejón de Ardoz, 22 de abril de 2002) e Esperanza Pizarro (Nueva Palma, Colonia, Uruguai, 15 de abril de 2001), esta por primeira vez, recolleron este mércores 11 de marzo na sala de prensa do Dépor Training Center de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de febreiro polas súas actuacións nos partidos de liga ante a Cultural Leonesa, Albacete Balompié, CD Castellón e SD Eibar no caso de Mario Soriano; e Real Madrid CF, Madrid CFF, Sevilla FC e Levante UD no caso de Espe Pizarro.
A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Mario Soriano, Adrià Altimira e Miguel Loureiro no caso do Dépor; e Espe Pizarro, Paula Gutiérrez e Vera Martínez no caso do Dépor ABANCA.
Nas votacións finais a cargo de #ANOSAFORZA a través das redes sociais do Club, Mario Soriano foi o elixido no primeiro equipo masculino co 85,6% dos votos dos afeccionados, por 10% de Altimira e 4,4% de Loureiro. No apartado feminino, Espe Pizarro impúxose co 66% por 27,2% de Paula Gutiérrez e 6,8% de Vera Martínez.
Ambas as futbolistas deron as grazas a Estrella Galicia e aos afeccionados por este recoñecemento. "Para min é un premio ao esforzo que fixen desde que non puiden xogar polas lesións. Quería volver a este nivel e moi satisfactorio", subliñou así mesmo a internacional urugaya.
