
DÉPOR · 12 MARZO 2026
ISMAEL ARILLA COMPARTE A SÚA EXPERIENCIA EN ANOSACANTEIRA COS ALUMNOS DA DÉPOR COACHING ACADEMY
O Dépor Coaching Academy recibiu a visita de Ismael Arilla, Director de Fútbol Formativo do RC Deportivo, quen ofreceu unha charla dirixida aos futuros adestradores na sede do centro, o INEF en Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña).Durante a súa intervención, Arilla abordou diferentes aspectos crave da formación de novos futbolistas, destacando a importancia dunha metodoloxía estruturada que acompañe o crecemento deportivo e persoal dos xogadores.Así mesmo, subliñou o papel fundamental do adestrador como educador e guía nas primeiras etapas do proceso formativo.A sesión permitiu aos asistentes coñecer de primeira man a visión e a experiencia de Arilla en ANOSACANTEIRA, ademais de xerar un espazo de diálogo no que se compartiron inquietudes, ideas e experiencias relacionadas co traballo diario en canteira.Unha Escola de validez nacional e internacionalA Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy) é un centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005).Baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.-Prácticas garantidas no RC Deportivo.-Acceso a bolsa de traballo no club.-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado, Ismael Arilla...-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...