RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Nova exhibición de fiabilidade do Deportivo ABANCA B

O Deportivo ABANCA B ofreceu ante o CP Alertanavia (6-0) en Abegondo unha nova exhibición de fiabilidade, en partido correspondente á 13ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

Orde defensiva e talento ofensivo caracterizan ao grupo que dirixe Kevin Cabado, convertido xa no principal aspirante ao título.

Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo foron as goleadoras branquiazuis.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 39 puntos á fronte da táboa.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Lara, Andrea, Rivas, Ainhoa, Sara, Alba Suárez, Carlota, Antía, Lucía e María Calvo. Tamén xogaron: Ana, Bermúdez e Sofía.

A próxima fin de semana, ao Deportivo ABANCA B tócalle render visita ao segundo clasificado, as Viaxes InterRías FF, nun choque que pode marcar o que resta de campionato.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)
Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)
Deportivo ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF Deportivo Orzán 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (María Calvo, Alba Suárez, Alba Martínez e Patri López)
Deportivo ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez) - SCD Pastoriza 0
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo) - CP Alertanavia 0