RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Nova sesión para o Dépor para "tentar corrixir os erros que tivemos, analizalos e volver á nosa mellor versión"

O Dépor insistiu esta mañá no campo 2 en "tentar corrixir os erros que tivemos, analizalos e cambialos para volver esta fin de semana á nosa mellor versión", segundo apuntou un dos capitáns, Jose Ángel, na sala de prensa do Dépor Training Center.

O mediocentro deportivista asegura que o cadro "ten claro" o que sucedeu a pasada fin de semana ante o CD Castellón: "Unha vez visto e analizado dásche conta do que non fixemos ben. Con tranquilidade analizámolo e estamos a traballar para a fin de semana sacar a relucir as nosas virtudes e conseguir os 3 puntos", este sábado 13 de decembro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) ante a Real Sociedad B.

Os Nosos comezaron cunha activación con fut-voley no campo 3.

A continuación pasáronse ao campo 2 para un exercicio táctico orientado ao encontro ante o filial realista.

Está con adestramento personalizado Escudero; mentres que Ximo Navarro, Luismi Cruz e Daniel Bachmann fan tarefas co grupo e outras co readaptador Nando Rodríguez.

Hugo Ríos, Fabi, Quique Teijo, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres 12 de decembro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.