RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Novas penas

As agrupacións de afeccionados branquiazuis seguen aumentando día a día. Así, o domingo 4 de marzo terá a inauguración da Pena Forza Depor USA en New York. Ao acto acudirá Francisco Dopico, mienbro do Consello de Administración do Deportivo.

Forza Depor USA ten a Francisco Lago Piñeiro como presidente e a súa sede está na Casa de Galicia de Astoria- New York. O día anterior, o 3 de marzo, terá lugar a celebración do VII aniversario da fundación da Pena Levanta Depor USA, presidida por Joaquín Caamaño e con tal motivo procederase á entrega do Premio Depor USA 2000 ao Real Club Deportivo da Coruña con motivo da consecución do Título de Liga de Primeira División da tempada 1999/2000. O cantante Manolo Escobar tamén será agasallado no transcurso do acto en agradecemento aos seus anos de carreira por todo o mundo.

O acto servirá para congregar a aproximadamente 400 emigrantes galegos afincados nos Estados Unidos. Aproveitando a estancia do dirixente deportivista en New York, este visitará o local social da Pena Riazor Blues USA así como o Colexio Español de New Xersei. O presidente da Federación de Penas Deportivistas, Javier Dopico, tamén asistirá a estes actos.

Así mesmo, o próximo día 16 de marzo inauguraranse a pena As Torres, en Laracha e a Luz Casal, en Forteventura.