RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Novo organigrama das categorías inferiores

O Conselleiro Francisco Dopico continúa á fronte da organigrama das categorías inferiores do Real Club Deportivo. O coordinador das mesmas será Ernesto Belo Patiño.

O Deportivo B continúa con Rogelio Ramallo como adestrador, Juan Riveiro como 2º adestrador e José Manuel Garrote como delegado.

En xuvenís de División de honra o técnico é Ricardo Barral, o preparador físico Iván García e Benito Branco o delegado.

Os xuvenís de Liga Nacional teñen a J Luís Devesa como técnico, Daniel Patiño como preparador e J Antonio Bergondo como delegado.

O primeiro equipo de cadetes terá a Antonio Rodríguez como adestrador, Lavandeira como preparador e Andrés Echeverría como delegado.

O segundo equipo de cadetes ten a M González como técnico, Lavandeira como preparador e Luís González delegado.

O primeiro equipo de infantís ten a David Sáchez Marín como adestrador, Fernando Rodríguez preparador e Antonio Vaamonde delegado.

O segundo equipo de infantís ten a Miguel Gamallo adestrador, Fernando Rodríguez preparador e Francisco Varela delegado.

O coordinador da preparación física será Antonio Rodríguez e o do traballo de porteiros José Sambade.