RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O adestramento de portas abertas do Dépor previsto para este luns 5 de xaneiro ás 10:30 será finalmente no Estadio ABANCA-RIAZOR

O adestramento de portas abertas do Dépor, previsto para este luns 5 de xaneiro ás 10:30 horas será finalmente no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Os afeccionados poderán acceder á Tribuna Inferior a partir das 10:00 horas polas portas 2, 27 e 29 sitas na Avenida Manuel Murguía.

Esta iniciativa está dirixida especialmente aos nenos e nenas branquiazuis, que terán a oportunidade de presenciar a sesión de traballo desde preto e vivir unha xornada xunto aos seus referentes deportivos, fomentando así os valores do deporte, a identificación co Club e o sentimento de pertenza.

O RC Deportivo convida a todas as familias deportivistas a asistir e gozar dunha xornada pensada para achegar o fútbol aos máis novos e seguir fortalecendo o vínculo entre o equipo e a súa afección.