RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo insiste en "pechar a portería porque se non, é moi difícil"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após o empate ante o Cádiz CF que "isto é de ir semana a semana. Agora temos que pensar no seguinte. Estamos nunha dinámica na que cando entras calquera cousa vaiche en contra como nos sucedeu no día de hoxe (por onte)".

O técnico deportivista insiste en "pechar a portería porque se non, é moi difícil. Falamos aquí do control do partido, iso sucedeu hoxe; da cantidade de veces que chegamos a último terzo, iso sucedeu hoxe; da cantidade de remates que tivemos entre o tres paus, iso sucedeu hoxe. Tentamos meter máis xente dentro con Luismi, que nos daba esa superioridade e cambiando a posición de Mario Soriano. Foi así. Afundimos moito ao rival, cun volume alto de remates pero hai que pechar a portería".

Subliña que "non podemos encaixar tanto. Eramos moi sólidos ao principio e non somos nada sólidos agora. Fomos moi superiores ao rival e cando es moi superior tes que gañar o partido. Se non os días que es un pouco peor se che complica e o día que es peor, perdes".

Finalmente Antonio Hidalgo explica o seu once inicial ante o cadro gaditano porque "tento mirar o rival que temos en fronte, a cantidade de esforzos en primeira liña de presión e quen os poida soportar máis; quen nos pode dar máis nesa continuidade sobre todo cando nos están igualando a última liña. Os xogadores que chegaron fixérono en plenitude de forma para poder formar parte do once. O resultado o emborrona todo un pouco".