RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A amarra a primeira praza da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8

O Alevín A venceu (1-3) ao Fabril FC Alevín e asegurouse, a falta de 2 partidos, a primeira praza da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8; ademais da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego, en Xove (Lugo) o sábado 20.

Nico Torres, Javi Barral e Thiago Montes foron os goleadores branquiazuis neste choque correspondente á 4ª xornada.

Con este resultado, e con 6 puntos en xogo, o equipo de Alberto Suárez suma 15 puntos no liderado por 9 do Fabril FC Alevín, o seu inmediato perseguidor.

Alevín A: Alejandro Pais, Sergio Infante, Antón Vilariño, Manu Alcázar, David Ramos, Iker Obeso, Thiago Montes e Nico Torres. Tamén xogaron: Mario González, Javi Barral, Leo Sánchez, Yael López, Mateo Varela e Daniel Alonso.

Mañá sábado 6 de maio ás 10:30 na Torre (campo 1.1), o Alevín A mídese ao Ural Español CF nunha nova xornada ligueira.

Os resultados do Alevín A até a data son os seguintes:

Alevín A 3 (Javi Barral, Nico Torres e Thiago Montes) - Fabril FC Alevín 1
Ural Español CF 2 - Alevín A 3 (Nico Torres -2- e Iker Obeso)
Alevín A 5 (Nico Torres -3- e Javi Barral -2-) - Atlético San Pedro 1
Fabril FC Alevín 1 - Alevín A 3 (Nico Torres, Javi Barral e Thiago Montes)