A última semana do ano 2002, sen competición oficial, está infestada de torneos amigables para varios equipos de #ANOSACANTEIRA.
Hai representación branquiazul estes días en Ordes, Arteixo, Vigo, Grao (Asturias), A Coruña e Ribadeo.
Hoxe xoves, o Alevín A participou no campo municipal vigués de Pahíño no Torneo de Nadal.
O conxunto que dirixe Alberto Suárez foi brillante subcampión ao ser unicamente superado na final polo FC Porto.
O Alevín A apeou ademais na semifinal ao equipo anfitrión, o RC Celta.
Mañá venres 30 entran en acción o Orzán SD Infantil Feminino en Grao (Asturias) e os dous equipos alevíns na Grela 1 (A Coruña), no tradicional torneo do Ural Español CF.
E tamén mañá venres, o Deportivo Fabril, actual líder da Terceira RFEF, e o CD Lugo B Polvorín FC, campión a pasada campaña da citada categoría e agora no grupo 1º de Segunda Federación, pelexarán pola LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera. O partido, organizado polo Ribadeo FC, xogarase no Municipal Pepe Barrera de Ribadeo a partir das 16:30 horas. A entrada de público custa 10 euros, segundo fixou a organización e están á venda desde as 15:00 nos despachos de billetes do propio estadio municipal. Óscar Gilsanz citou aos seguintes xogadores: Brais Suárez, Hugo Ríos, Currás, Martiño, Iano Simao, Carlos, Rubén, Diego Gómez, Hugo, Iñaki, Quique Teijo, Manu Berrocal, Dani Barcia, Fito, Vilela, Jairo, Barba, Álex Delgado, Jesús Ares, Garaboa e Davo. A presente edición do Trofeo Emma Cuervo íana a disputar o RC Deportivo e o Unionistas de Salamanca CF o pasado 20 de agosto pero foi finalmente suspendido debido ao compromiso oficial do conxunto salmantino en Copa Federación. Si se celebrou o pasado mes de agosto a II edición do Trofeo Emma Cuervo feminino, que levou o Dépor ABANCA ao derrotar ao Real Oviedo na quenda de penaltis (4-2), despois de que o encontro acabase con igualada (1-1).
O pasado martes 27, o Cadete branquiazul caeu en cuartos de final da Arteixo Cup despois de gañar todos os seus partidos da Primeira Fase. O seu verdugo en Ponte dos Brozos foi o Racing de Ferrol (0-1).
E o luns en Ordes, os dous equipos benxamíns estiveron entre os mellores: medalla de prata para o Benxamín A e bronce para o Fabril FC Benxamín.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
LXXI Trofeo Emma Cuervo
Venres 30 de decembro
16:30: FABRIL - CD LUGO B POLVORÍN FC, no campo Pepe Barrera (Ribadeo)
Categoría feminina
I Grao Cup Feminina, en Grao (Asturias)
Venres 30 de decembro
Primeira Fase
10:15: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - GIJÓN FF B (campo Veiga de Anzo)
11:00: SPORTING DE GIJÓN - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo do Casal)
12:30: REAL OVIEDO B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo Veiga de Anzo)
Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais mentres que os outros disputarán unha Fase de Prata, todo iso a partir das 16:00 horas
Categoría cadete
I Arteixo Cup, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Luns 26 de decembro
Primeira Fase
ATLÉTICO ARTEIXO 1 - DEPORTIVO 2 (Lucas e Diego)
DEPORTIVO 2 (Rubén e Diego) - RSD ALCALÁ 1
URAL ESPAÑOL CF 1 - DEPORTIVO 3 (Leandro e Janusz -2-)
Martes 27 de decembro
Cuartos de final
DEPORTIVO 0 - RACING DE FERROL 1
Categoría alevín
V Torneo de Nadal Concello de Vigo, no campo municipal Manuel Pahíño (Navia)
Xoves 29 de decembro
Primeira Fase
FC PORTO 1 - ALEVÍN A 1 (Adrián Fernández)
ALEVÍN A 1 (Javi Barral) - RÁPIDO DE BOUZAS 0
PABELLÓN OURENSE CF 0 - ALEVÍN A 1 (Thiago Montes)
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Yael López -2- e Thiago Montes) - RC CELTA 0
Final
ALEVÍN A 2 (Leo Sánchez e Adrián Fernández) - FC PORTO 3
Torneo de Nadal do Ural Español CF, na Grela 1
Venres 30 de decembro
Primeira Fase
09:30: ALEVÍN A - VICTORIA CF (campo 1)
09:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
11:10: ALEVÍN A - RACING DE FERROL (campo 1)
11:35: EF LUÍS CALVO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
12:50: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
13:15: FABRIL FC ALEVÍN - SDCyR NARÓN FREIXO (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 15:00 horas
Categoría benxamín
Torneo de Ordes, no campo de Vista Alegre
Luns 26 de decembro
Primeira Fase
URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 0
SAN TIRSO SD 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Leo Lorenzo -2- e Alberto Novo -2-)
BENXAMÍN A 4 (Miguel Candal, Alejandro Astray, Thiago López e Álex Ferradás) - ATLÉTICO PERILLO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Diego Castelo) - ED LUÍS CALVO SANZ 0
BERTAMIRÁNS FC 0 - BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal -2-)
CD CALASANZ 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Fase de Ouro (formato de liga)
BENXAMÍN A 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN A 0 - CD CALASANZ 1
BENXAMÍN A 0 - URAL ESPAÑOL CF 1
BENXAMÍN A 3 (Hugo Bujía -2- e Mateo Carballeira) - CD CALASANZ 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0
Con estes resultados, o Benxamín A foi subcampión do torneo e o Fabril FC Benxamín, terceiro clasificado
