RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A compite esta fin de semana na Media Gol Cup 2017

O Alevín A do Deportivo desprázase este venres 15 de decembro a Cornellá (Barcelona) para participar na oitava edición do Media Gol Cup 2017.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 2, co Espanyol, Paris Saint-Germain (Francia), Girona FC, Igualada e un equipo procedente da Fase Previa.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Venres 15 de decembro
15:30: ESPANYOL - ALEVÍN A
19:00: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA

Sábado 16 de decembro
9:30: ALEVÍN A - IGUALADA
13:00: ALEVÍN A - PARIS SAINT-GERMAIN
16:30: ALEVÍN A - GIRONA FC

Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Final; mentres que os outros catro equipos pasarán a unha Fase de Consolación.

O conxunto que prepara Roberto Veres proclamouse esta fin de semana campión do grupo 1º da Primeira Comarcal A Coruña, con 24 puntos de 24 posibles, con 71 goles a favor en 9 partidos e tan só 4 en contra.

Agora, o Alevín A encara a primeira eliminatoria previa ao Campionato Galego, co Órdenes A como rival.