RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍN A

O Alevín A mantén as súas boas sensacións ante o Silva SD

O Alevín A mantén as súas boas sensacións (7-0) ante o Silva SD, en partido correspondente á 2ª xornada no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8.

David Gómez -3-, Álvaro Gómez, Sergio Fernández, Hugo Macedo e Jorge Fernández foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o equipo que preparan Alberto Suárez e Adrián Cañizo suma 6 puntos de 6 posibles.

Alevín A: Iago Miranda, Brais Martínez, Yoel Puñal, Enzo Bértoa, Jorge Fernández, Nacho Villanueva, Sergio Fernández e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Roque Martínez, Hugo Luaces, Hugo Macedo, Iván Gil, David Gómez e Ruy Caamaño.

O vindeiro sábado 4 de novembro, o Alevín A enfróntase ao Atlético Coruña Montañeros CF, na Torre (campo 1.2) a partir das 12:30.

Os resultados até a data do Alevín A en liga foron os seguintes:

Orillamar SD 0 - Alevín A 11 (David Gómez -4-, Martín López -3-, Álvaro Gómez -2-, Enzo Bértoa e Nacho Villanueva)
Alevín A 7 (David Gómez -3-, Álvaro Gómez, Sergio Fernández, Hugo Macedo e Jorge Fernández) - Silva SD 0