RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍN A

Triunfo do Alevín A en Arteixo en choque correspondente á xornada en Primera Futgal A Coruña xogada a pasada fin de semana

O Alevín A venceu esta tarde ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos por 0-5 en partido correspondente á 4ª xornada en Primera Futgal A Coruña disputada a pasada fin de semana.

O motivo do cambio de data foi a participación do conxunto branquiazul no torneo KHS Tournament Malta, no que acabou nunha brillante segunda praza.

Mateo Cardelle -2-, Enzo Fernández, Alberto Novo e Leo Lorenzo foron os goleadores deportivistas en Arteixo.

Con este resultado, o Alevín A é 4º na táboa con 9 puntos.

O vindeiro sábado 25 de outubro ás 13:30 o Alevín A enfróntase na Torre (campo 1.2) ao CD Calasanz.