RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Alevín A, que se xoga o título do seu grupo, abre mañá xoves o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA

O partido do Alevín A ante o Ural Español CF A, co título do grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito en xogo, abre mañá xoves 3 de xuño ás 18:00 (A Torre, campo 1.1) o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Ambos os equipos chegan a esta última xornada empatados na cabeza con 13 puntos, aínda que por diante o Alevín A por mellor diferencia de goles xeneral.

Co Deportivo ABANCA B, Cadete B e Infantil B xa sen competición oficial despois de finalizar os seus respectivos grupos ligueiros, o partido máis interesante da fin de semana en #ANOSACANTEIRA é o derbi na División de Honra cadete entre o Dépor e o Celta, o domingo 6 de xuño ás 12:00 en Abegondo, con motivo da primeira xornada na segunda fase, subgrupo A2.

O formato de competición é de liga a unha soa volta. Os dous primeiros accederán ás semifinais, cuxos vencedores xogarán a gran final a partido único en sede neutral.

Tamén arranca a segunda fase o Infantil A, neste caso o sábado 5 ás 11:45 en Abegondo fronte ao Victoria FC de Santiago. Do mesmo xeito que en categoría cadete, o formato de competición será de liga a unha soa volta. O primeiro pasará á semifinal, a partido único; e o vencedor xogará a gran final.

E finalmente retoma o Xuvenil B a segunda fase da Liga Nacional. O conxunto dirixido por Alejandro Antón e Aldo Duscher visita ao Coruxo FC o sábado 5 de xuño ás 13;00 horas, en partido correspondente á 4ª xornada (penúltima) aprazado no seu día por COVID-19 no vestiario deportivista.

Teñen descanso esta fin de semana o Alevín de fútbol once; ademais do Benxamín A e o Fabril FC Benxamín en fútbol oito.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL A - CD ESTRADENSE (sénior), o domingo 6 de xuño ás 12:00 en Abegondo

4ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, o sábado 5 de xuño ás 13:00 no campo de Fragoselo (Vigo)
Clasificación da segunda fase da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso: 1. Xuvenil B (un partido menos) e RC Celta B, 58 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...

Categoría cadete
1ª xornada: CADETE A - RC CELTA, o domingo 6 de xuño ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da segunda fase da División de Honra, grupo A2, 1ª xornada: 1. Cadete A e San Tirso SD, 2 puntos; 3. Arosa SC e RC Celta, 1 punto

Categoría infantil
1ª xornada: INFANTIL A - VICTORIA FC, o sábado 5 de xuño ás 11:45 en Abegondo
Clasificación da segunda fase da Liga Galega, grupo norte A1: 1. Infantil A e CD Lugo, 2 puntos; 3. San Tirso SD e Victoria FC, 1 punto

Categoría alevín
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín (xa campión) e CD Calasanz A (un partido máis), 18 puntos; 3. Imperátor OAR, 9 puntos...

6ª xornada (última): ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, mañá xoves 3 de xuño ás 18:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín A e Ural Español CF, 13 puntos; 3. Imperátor OAR A (un partido máis) e CF Deportivo Orzán (un partido máis), 3 puntos

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. Ural Español CF A, 18 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 10 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 2. CD Calasanz A, 15 puntos...