RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín arranca este venres en Abegondo o Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O Alevín deportivista comeza este venres 4 de marzo en Abegondo, ante o Atlético Coruña Montañeros CF, a XII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

O cadro branquiazul terá estes rivais no grupo norte: Atlético Coruña Montañeros CF, CD Lugo, CD Calasanz, Racing de Ferrol, San Tirso SD, Victoria CF, SD Residencia, Galicia Caranza e ED Luis Calvo Sanz.

O formato de competición nesta primeira fase será de liga todos contra todos a unha soa volta. Os tres primeiros clasificados acceden á Fase Final, que se disputará, cos tres primeiros do grupo sur, nas Eiroas (Carballo) nunha única xornada.

O calendario do Alevín neste grupo norte é o seguinte:

Xornada 1 (04/03/2022, ás 18:30, Abegondo)
Alevín - Atlético Coruña Montañeros CF

Xornada 2 (13/03/2022)
CD Lugo - Alevín

Xornada 3 (20/03/2022)
Alevín - CD Calasanz

Xornada 4 (27/03/2022)
Racing de Ferrol - Alevín

Xornada 5 (03/04/2022)
Alevín - San Tirso SD

Xornada 6 (10/04/2022)
Victoria CF - Alevín

Xornada 7 (24/04/2022)
Alevín - SD Residencia

Xornada 8 (08/05/2022)
Galicia Caranza - Alevín

Xornada 9 (15/05/2022)
Alevín - ED Luis Calvo Sanz