RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Alevín B, campión de Copa, suma o terceiro título para a canteira deportivista

  Catro equipos da canteira deportivista xogaron este fin de semana en Abegondo: Fabril (Terceira División), Cadete B (Liga Galega), Alevín A (Trofeo Conservas Calvo de fútbol once), Alevín B (final da Copa Consolaci&o

Todos foron onte sábado a excepción do Fabril, que venceu ao Ribadeo (3-1) nun accidentado partido, con lesionados e unha expulsión. Tamén xogaron, e gañaron, hoxe o Xuvenil A en Torrelavega (1-2); o Infantil B en San Tirso (0-5), co que se achega ao título; e o Alevín B en La Torre (0-8).
 
Nos partidos de onte, o Alevín B proclamouse campión de Cópaa Consolación. É o terceiro título para a canteira deportivista tras os logrados polo Alevín A (campión do grupo da Coruña de Primeira Comarcal) e polo propio Alevín B (campión do grupo das Mariñas de Primeira Comarcal).
 
Os resultados do fin de semana foron os seguintes:
 
Terceira División
 
FABRIL 3 (Lucas, Óscar e Otero) - RIBADEO 1
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: TROPEZÓN 1 - XUVENIL A 2 (Aarón e Hugo)
 
Liga Nacional: CORUXO 0 - XUVENIL B 1 (Celeiro)
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CORUXO 4 - CADETE A 4 (Óscar de Castro -2-, Óscar Lorenzo e Valín)
 
Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 3 (Borja, Pichu e Jacobo) - SPORTING ESTRADA 1
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: ORILLAMAR 0 - INFANTIL A 13 (Pérez -3-, Íker, Padín, Fidalgo, Martínez, Mateo, Iago -2-, Mosquera e Jorge -2-)
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: SAN TIRSO 0 - INFANTIL B 5 (Jairo, Hugo Novoa e Noel -3-)
 
Categoría Alevín
 
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, segunda xornada: ALEVÍN A 3 (Xosé, Quique e Hugo Baldomar)- LUGO 0
 
Final de Cópaa Consolación, volta: ALEVÍN B 4 (Yago -3- e Domínguez) - RAIO SADENSE 1. Na ida: 9-0
 
Segunda Fase do Segunda alevín, grupo 1º: VITORIA D 0 - ALEVÍN B 8 (Yago -3-, Javi -2-, Noah, Domínguez e Marco Baña)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: CALASANZ 1 - BENJAMÍN A 6 (Pablo, Lucas, Luís, Samuel, David e Jorge)
 
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN B 6 (Alex -2-, Bruno, Dani, Dairon e Eli) - LUÍS CALVO C 1