O Alevín B encarrila o pase á seguinte rolda das Eliminatorias de clasificación
O Alevín B encarrilou o seu pase á seguinte rolda das Eliminatorias de clasificación ao derrotar (9-1) ao CD Calasanz F no partido de ida de oitavos de final.
Mauro -3-, Alberto -2-, Nico, Sergio, Ioan e Paulo foron os goleadores branquiazuis.
Alevín B: Gabriel, Iago Vázquez, Ioan, Gael, Uxío, Yago Trigo, Alberto e Sergio. Tamén xogaron: Nico, Diego, Xoel, Mauro, Joaquín e Paulo.
A próxima semana disputarase o encontro de volta entre ambos os conxuntos.