RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Alevín non falla ante o San Tirso SD e canaliza o pase á gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

O Alevín non fallou (7-1) no seu partido ante o San Tirso SD correspondente á 11ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Nico Torres -2-, Javi Barral, Íker Obeso -2- e Yael López -2- foron os goleadores branquiazuis en O Monte.

Con este resultado, o equipo que dirixe Alberto Suárez suma 30 puntos de 30 posibles, é líder destacado do subgrupo e canaliza a súa clasificación para a gran final do torneo.

Alevín: Brais Taín, Hugo Caridad, Mateo Varela, David Ramos, Daniel Alonso, Manu Alcázar, Leo Sánchez, Íker Obeso, Yael López, Nico Torres e Mario González. Tamén xogaron: Alejandro Pais, Antón Vilariño, Sergio Infante, Javi Barral e Thiago Montes.

Este martes 16 de maio ás 19:30, o Alevín visitará ao Victoria CF, en encontro que se xogará no campo de O Piñeiral en Vizoño.

Os resultados do Alevín até a data no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:

SD Residencia 0 - Alevín 6 (Leo Sánchez -2-, Manu Alcázar, Mario González, Thiago Montes e Nico Torres)
Alevín 4 (Iker Obeso -2-, Mario González e Thiago Montes) - Racing de Ferrol 0
Atlético Coruña Montañeros CF 3 - Alevín 6 (Thiago Montes -3-, Leo Sánchez, Antón Vilariño e Mario González)
Alevín 6 (Mario González -3-, Iker Obeso, Thiago Montes e Hugo Caridad) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Alevín 4 (Yael López -2-, Iker Obeso e Thiago Montes)
Alevín 3 (Nico Torres, Yael López e Daniel Alonso) - Galicia Caranza 0
SDCyR Narón O Freixo 0 - Alevín 3 (Mario González -3-)
Alevín 8 (Leo Sánchez -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Manu Alcázar, Nico Torres e Javi Barral) - SRD Portuarios 0
CD Calasanz 0 - Alevín 3 (Mario González -2- e Thiago Montes)
Alevín 7 (Nico Torres -2-, Javi Barral, Íker Obeso -2- e Yael López -2-) - San Tirso SD 1