RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Alevín recibe mañá martes en Abegondo ao Galicia Caranza no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

O Alevín mídese mañá martes ás 19:00 en Abegondo ao Galicia Caranza en partido correspondente á 7ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

O encontro adiántase á fin de semana debido á participación do equipo deportivista o sábado 15 na VIII edición do Torneo de Lemona (Biscaia), neste caso na modalidade de fútbol 7.

No Trofeo Conservas Calvo, o equipo de Alberto Suárez leva 15 puntos de 15 posibles, igualado co CD Calasanz e CD Lugo, aínda que este con un partido máis.

Cita en Lemona (Biscaia) o sábado para un torneo de fútbol 7

O Alevín A desprázase esta fin de semana á localidade biscaíña de Lemona para participar o sábado 15 de abril na VIII edición do Torneo de fútbol organizado polo Club Lemoaki Harrobi FK, na modalidade de fútbol 7.

O equipo deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B co Athletic Club, Real Valladolid, SD Eibar, Real Racing Club e CA Osasuna.

Os partidos, que se xogarán no campo de Arlonagusia, durarán 20 minutos cada un.

O calendario do Alevín A é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: ALEVÍN A - REAL RACING CLUB (campo 2)
12:05: ALEVÍN A - REAL VALLADOLID (campo 2)
13:10: CA OSASUNA - ALEVÍN A (campo 2)
16:40: ALEVÍN A - ATHLETIC CLUB (campo 2)
18:20: ALEVÍN A - SD EIBAR (campo 2)

O primeiro clasificado accede a semifinais mentres que o 2º e 3º xogará unha repesca, todo iso a partir das 18:50.