RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A logra unha praza para a final do Mini Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR

O Benxamín A cumpriu os prognósticos e logrou unha praza para a final do Mini Teresa Herrera, que se xogará en ABANCA-RIAZOR antes da LXXVIII edición do Teresa Herrera.

Os branquiazuis derrotaron en semifinais (0-15) ao Sporting Coruñés, con goles de Mateo Carballeira -7-, Hugo Bujía -3-, Miguel Candal -2-, Thiago López, Pablo Sánchez e Alejandro Astray.

Benxamín A: Brais Araújo, Pablo Sánchez, Hugo Bujía, Thiago López, Miguel Candal, Mateo Carballeira, Alejandro Astray e Hugo Quintela. Tamén xogou: Bruno Abelenda.

Pendente da final do Mini Teresa Herrera ante o Ural Español CF no mes de agosto, o conxunto branquiazul acaba a temporada 2022-23 esta fin de semana en Ponte dos Brozos co Torneo do Atlético Arteixo.

Os resultados do Benxamín A nesta competición foron os seguintes:

Oitavos de final
Atlético Castros 0 - Benxamín A 12 (Alejandro Astray -4-, Mateo Carballeira -3-, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Bruno Abelenda e Miguel Candal)

Cuartos de final
Benxamín A 4 (Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Miguel Candal) - Victoria CF 1

Semifinal
Sporting Coruñés SD 0 - Benxamín A 15 (Mateo Carballeira -7-, Hugo Bujía -3-, Miguel Candal -2-, Thiago López, Pablo Sánchez e Alejandro Astray)