RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Bilbao Atlético, sen positivos nin negativos

Hai 25 anos. Volve o Deportivo a Biscaia e, como en ocasións anteriores, a súa presenza esperta o interese da gran colonia galega residente na rexión, pero tamén dos autóctonos, que esperan impacientes o encontro.

O Bilbao Athletic, situado na zona intermedia da táboa, sen positivos nin negativos, agarda con ilusión o partido cos coruñeses, coa esperanza posta na vitoria aínda que con respecto cara ao equipo galego, xa que os deportivistas acaban de vapulear ao Basconia no Estadio de Riazor. Os deportivistas convocados por Irulegui para o desprazamento a Bilbao son : Seoane, Canedo, Richard, Luís, Canario, Zurdo, Piña, Castelo, Piño, Vales, Castro, Muñoz, Rabadeira e Juan Carlos.