RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B aférrase á terceira praza cun triunfo ante o Galicia de Caranza

O Cadete B aférrase á 3ª posición no grupo norte da liga Galega ao imporse (3-0) en Abegondo ao Galicia de Caranza, en choque correspondente á 13ª xornada. Xosé, Carlos e Mella foron os goleadores deportivistas ante o conxunto ferrolán.

Desta forma, os branquiazuis suman 29 puntos, os mesmos que o Racing Villalbés, cuarto porque ten peor diferencia de goles que o Cadete B.

Precisamente ambos os equipos ven as caras na próxima xornada ligueira, prevista para este xoves 6 de decembro, día festivo.

Cadete B: Rodrigo, Carlos, Martín Burgos, Gabriel, Eloi, Hugo García, Xosé, Iván, Matos, Trigo e Lombao. Tamén xogaron: Mella, Manu, Martiño e Alex.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0