RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B gana en San Tirso e recupera terreo na táboa

O Cadete B venceu (0-4) ao San Tirso SD B, en partido correspondente á 12ª xornada no grupo norte da liga Galega. Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete B suma 26 puntos e recupera terreo na táboa, ao ascender até a 3ª posición.

Cadete B: Rodrigo, Carlos, Martín, Manu, Gabriel, Hugo, Iván, Lombao, Hugo Suárez, Matos e Trigo. Tamén xogaron: Xosé, Jacobo, Alexis e Carreira.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao Galicia de Caranza.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)