RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete, sen o seu internacional José Rey, impón a súa eficacia ao ED Xuventude de Oroso

A pesar de non poder contar con José Rey, concentrado coa selección española sub-16, o Cadete impuxo (8-0) en Abegondo a súa eficacia ante un ED Xuventude de Oroso incapaz de frear aos branquiazuis.

Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3- foron os goleadores deportivistas neste choque correspondente á 12ª xornada na División de Honra.

Con este resultado, o Cadete suma 36 puntos de 36 posibles na primeira posición da táboa, con 5 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, 2º con 31.

Cadete: Yeray, Pablo García, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Iván, Xián, Lucas, Rubén, Nico Ruiz e Dani. Tamén xogaron: Vergara, Uxío, André e Telmo.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Daniel González visitará no Monte ao San Tirso SD Cadete.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico Ruiz -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico Ruiz, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo)
Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1
CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André)
Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0
CD Choco 0 - Cadete 9 (Xián, Nico Ruiz, Dani -3-, Iker Gil -2- e Brian -2-)
Cadete 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED Xuventude de Oroso 0