RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O canteirán David Mella mídese mañá coa selección española sub-17 a Francia

David Mella está concentrado coa selección española sub-17 para disputar dous amigables antes Francia, mañá mércores 18 de agosto e sábado 21, ambos na localidade gala de Montaigu.

Desta forma, continúa o seu ascenso nas categorías inferiores da selección española posto que en maio xa estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16 en Marbella; e anteriormente, a comezos de 2020, disputou coa selección española sub-15 tres encontros.

David Mella tamén prosegue a súa imparable carreira en #ANOSACANTEIRA.

O pasado mes de xuño, proclamouse campión de España xuvenil co Dépor sendo aínda xogador de categoría cadete.

O mércores 28 de xullo, no seu primeiro ano de idade xuvenil, debutou co primeiro equipo no tradicional amigable estival de Vilalba; e é cada vez é máis habitual nos adestramentos do primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez.

O calendario de partidos de David Mella coa selección española sub-17 nesta concentración do mes de agosto é o seguinte:

Mércores 18 de agosto
19:00: FRANCIA - ESPAÑA, en Montaigu

Sábado 21 de agosto
20:15: FRANCIA - ESPAÑA, en Montaigu

David Mella ten previsto regresar á Coruña ao longo do domingo 22 de agosto.