RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Celta B tombou ao Dépor B no inicio da segunda metade

O Deportivo B cayó esta mañana en Vigo ante o Celta B (3-1) nun partido que se decantó no inicio da segunda metade, con dous goles no primeiro tramo deste segundos corenta e cinco minutos.

Perico Ramallo aliñou de inicio a: Darío, Sergio Benito, Alex, Juanan, Juachi, Nacho, Pita, Borja, Guille, José Areas e Aridane. Tamén xogaron Rivera e Herbert. Precisamente foi Rivera o que anotou o gol da consolación, cando o partido estaba xa decidido, con 3-0 no marcador.
O próximo fin de semana, o Deportivo B recibirá o sábado 19 de xaneiro no Estadio de Riazor ao Pontevedra, a partir das 18.00 horas. Como é habitual, os socios do Dépor non terán que pasar por despacho de billetes. Para o público, a entrada custa 15 euros.