RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O centro do campo deportivista fallou máis do debido en Salamanca

Hai 12 anos era noticia no seo do equipo herculino o final do refacho de resultados positivos tras cinco xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, ao perder onte no Helmántico ante o Salamanca.

Mesmo despois de perder, todas as manifestacións posteriores eran de eloxio ao conxunto herculino, do que se dicía que fora o mellor que pasara polo Helmántico nesta tempada. Palabras bonitas para un mal resultado.

A clave da derrota achácase ao temperán gol conseguido por Roberto Martínez, ao tres minutos, foi fundamental sen dúbida para o desenvolvemento e resultado final deste partido, que, aínda que, non foi malo, tampouco foi todo o bo que se necesita para gañar pola falta de remate na que viñemos incidindo. O Deportivo fallou sobre todo na súa mellor liña, o ataque, e sen goles non hai triunfo.