O corpo técnico rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento
O corpo técnico rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento, así como a súa duración.
Do mesmo xeito que todos estes días, os futbolistas adestráronse en dúas quendas de maneira individual.
Houbo quecemento no campo 1; un circuíto físico nun dos campos de fútbol 7 supervisado por Fran Molano; tarefas con balón de técnica e habilidade no campo 2 e 3; e progresións no campo 2.
Mañá xoves haberá adestramento mañá (09:30 e 11:00) e tarde (17:00 e 18:30), tamén de maneira individual.