O Dépor ABANCA arranca a semana de adestramentos esta tarde no ximnasio Fightland Coruña
O Deportivo ABANCA comeza esta tarde a preparar a seguinte cita, a visita do CD Tacón a Abegondo, prevista para o domingo 27 de outubro ás 12:00 horas en Abegondo, en partido correspondente á 7ª xornada ligueira.
As deportivistas, colíderes da Primera Iberdrola co FC Barcelona, terán 6 adestramentos previos ao choque. Deles, 5 serán en Abegondo e o de hoxe luns pola tarde no ximnasio Fightland Coruña.
Alí, as futbolistas branquiazuis recibirán unha clase de iniciación ao boxeo, nunha actividade grupal de cohesión.
Os técnicos do Deportivo ABANCA queren potenciar así as capacidades cognitivas das xogadoras (forza e tempo de reacción) e á vez desconectar dos terreos de xogo.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 21 de outubro 17:00: Adestramento no ximnasio Fightland Coruña
Martes 22 de outubro 17:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 23 de outubro 17:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 24 de outubro 17:00: Adestramento en Abegondo
Venres 25 de outubro 17:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 26 de outubro 10:30: Adestramento en Abegondo
Domingo 27 de outubro 12:00: Deportivo ABANCA - CD Tacón, en Abegondo