RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA arrinca mañá luns unha nova semana de liga co obxecto de "seguir crecendo"

Despois dunha fin de semana de descanso (onte sábado e hoxe domingo), o Dépor ABANCA volve mañá luns 20 de xaneiro aos adestramentos na Cidade Deportiva.

O resultado da última xornada, co triunfo (1-0) en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD, deixou ás Nosas en 14ª posición da liga F con 12 puntos. "Saímos do descenso temporalmente", matizou en rolda de prensa Fran Alonso.

Visiblemente satisfeito, o técnico deportivista lembrou na sala de prensa após derrotar ás levantinas que "é a primeira vez desde que estou aquí que gañamos en ABANCA-RIAZOR. Para min é súper especial".

Fran Alonso cualifica a visita ao Real Betis Féminas deste domingo 26 de xaneiro ás 16:00 (Dazn, Gol Play e TVG) na Cidade Deportiva Luis del Sol como "súper importante" e insiste en que "non conseguimos nada. Hai que seguir crecendo e aínda que se conseguiron os 3 puntos (ante o Levante UD) hai moitas cousas que se poden corrixir tamén".

As Nosas realizarán 5 sesións de traballo previas ao encontro ante as andaluzas. Nunha semana longa, haberá unha xornada de descanso o mércores 22 de xaneiro.

A planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 20 de xaneiro
11:00 h.

Martes 21 de xaneiro
11:00 h.

Mércores 22 de xaneiro
Descanso

Xoves 23 de xaneiro
11:00 h.

Venres 24 de xaneiro
11:00 h.

Sábado 25 de xaneiro
11:00 h.

Domingo 26 de xaneiro
16:00: Real Betis Féminas - Deportivo ABANCA na Cidade Deportiva Luis del Sol