O Dépor ABANCA aterra esta noite na Coruña e adéstrase de novo mañá en Abegondo
O Deportivo ABANCA regresa esta noite de Barcelona nun voo que ten previsto aterrar no Aeroporto da Coruña pasadas as 22:10 horas.
Miguel Llorente, técnico deportivista, citou de novo ao seu cadro mañá luns 13 de setembro ás 17:00 horas en Abegondo para unha sesión que será de recuperación para as futbolistas titulares hoxe en Badalona fronte á CE Seagull.
O plan de regreso do Dépor ABANCA é o seguinte:
Domingo 12 de setembro 20:20: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña 22:10: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña