O Dépor ABANCA B completa unha fin de semana perfecta ao gañar tamén o Memorial Faraldo
Despois de gañar onte sábado o Memorial Moncho Rivera ante o Victoria CF, o Dépor ABANCA B pechou unha fin de semana perfecta ao adxudicarse hoxe domingo o Memorial Faraldo co seu triunfo (3-2) ante o Gijón FF.
Noe Gómez -2- e Iria Otero foron os goleadores dun equipo que vai a máis conforme avanza a pretemporada.
E iso que Óscar Orro conta con numerosas baixas ben por lesión, caso de Martina Rivas, Andrea Ansede, Paula Novo, Noela, Lucía Rivas, Marta Rico ou Olivia Saavedra; ou ben por estar citadas no primeiro equipo como Elena Vázquez e Carmen Carballada.
Deportivo ABANCA B: Uxía Rabuñal, Daniela Basalo, Noe Mayo, María Calvo, Antía Brage, Iria Otero, Mica Baratelli, Celia Sousa, Laura Testa, Noe Gómez e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Yaiza García, Macarena González, Laura Otero, Sara Cercido e Emma Gandoy.
A próxima cita para o filial feminino será o sábado 2 de setembro ás 17:00 en Abegondo ante o Real Oviedo B.
O calendario de pretemporada do Dépor ABANCA B, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 0 UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Umia CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Celia Sousa e Laura Otero) Memorial Moncho Rivera: Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Noe Mayo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero) Memorial Faraldo: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Noe Gómez -2- e Iria Otero) - GIJÓN FF 2 Deportivo ABANCA B - Real Oviedo B, o sábado 2 de setembro ás 17:00 en Abegondo