RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso quere en liga "superar o que fixemos a temporada pasada"

Fran Alonso confesou na sala de prensa estar "bastante contento co crecemento do equipo. Seguimos traballando para mellorar. Queremos propor algo máis que o ano pasado. Queremos ter máis o balón, ser máis agresivas. Estamos a traballar todos os días sobre iso".

Lembra que os rivais até a data (SC Braga,  Athletic Club e Sporting CP) foron "rivais moi fortes" e a pesar diso "tivemos moito o balón, creamos moitas ocasións e puxemos en práctica o que adestramos".

O técnico deportivista afirma que "as xogadoras están moi confiadas e moi contentas. E nós como corpo técnico tamén".

Márcase como obxectivo "superar o que fixemos a temporada pasada, tentar que #ANOSAFORZA estea moito máis orgullosa do equipo, que veña a apoiarnos e ver un ABANCA-RIAZOR con máis espectadores. E a partir gañar o máximo número de partidos posibles e nos dous últimos meses de competición a ver polo que podemos loitar".

A poucas horas de medirse ao SC Braga en ABANCA-RIAZOR na 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera feminino (este sábado 9 de agosto ás 17:00, YouTube RC Deportivo), Fran Alonso asegura que "as canteirás teñen un papel crave. A canteira é o noso orgullo, é unha parte crave do proxecto. Parte do meu traballo como adestrador é melloralas, apoialas, darlles oportunidades".