RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B confirma o subcampeonato a falta de 1 xornada para o final en Tercera Federación FutFem

O Dépor ABANCA B confirmou o subcampeonato en Tercera Federación FutFem a falta dunha xornada para o final.

O filial feminino visitaba ao UD Mos na penúltima xornada. Con 6 puntos de desvantaxe pero co golaverage a favor, para ser campioas as branquiazuis, segundas na táboa, necesitaban gañar os 2 partidos e que o líder, o Real Avilés CF, perdese os seus.

As deportivistas fixeron os deberes ao gañar nas Baloutas (0-3) e sumaron 69 puntos; pero quedaron sen opcións de título ao vencer o seu encontro o Real Avilés CF (3-0) ante o Real Oviedo Femenino B e xa ser inalcanazables na táboa con 75 puntos.

Por detrás o 3º na clasificación é o Olímpico de León, afastado con 59 puntos.

Óscar Orro contou coas baixas de Lucía Rivas, concentrada en Suecia coa selección española sub-17 na Fase Final do Campionato de Europa; e de Michi Apóstol, á que lle falta un último partido con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20.

Lucía Mariño, Laura Otero e Paula Monteagudo, que cumpría o seu 5º partido consecutivo vendo portería, foron as goleadoras.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Novo, Elena Vázquez, Noelia Mayo, Carmen Carballada, Laura Testa, Laura Otero, Lucía Mariño, Macarena González, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Laura Santos, Emma Gandoy, Elena López 'Cusi', Sara Cercido e Celia Sousa.

A próxima fin de semana o Dépor ABANCA B conclúe a liga en Abegondo ante o UD Llanera.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1
Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1
Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)
Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 1
CD Bovedana 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo -2-) - Olímpico de León 2
PM Friol 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo -2- e Noela) - Real Avilés CF 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Lucía Mariño, Laura Otero e Paula Monteagudo)