RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Dépor ABANCA e SC Braga pelexan este sábado en ABANCA-RIAZOR pola 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera feminino

O Dépor ABANCA preséntase en ABANCA-RIAZOR ante #ANOSAFORZA este sábado 9 de agosto ás 17:00 na XIII edición do Trofeo Teresa Herrera feminino.

O encontro comezará ás 17:00 horas e será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Ambos os equipos víronse as caras nesta pretemporada na Cidade Deportiva do SC Braga. Venceron claramente As Nosas por 0-4.

O palmarés do trofeo está liderado polo Dépor ABANCA, con 5 'torres'

Son baixa as lesionadas Millene Cabral, Olaya e Vera Martínez; ademais das internacionais da Copa América, Michi Apóstol e Espe Pizarro, que se incorporarán a semana próxima.

En rolda de prensa, Fran Alonso explicou esta mesma mañá que "na implementación deste novo modelo de xogo una das decisións que tomamos era incrementar o volume e a carga. Queremos ser máis agresivas, presionar máis alto. Durante esa incrementación de carga sempre hai un período de adaptación. Aparte a pretemporada é o período máis lesivo. Sempre vas ter algunha lesión. A sorte é que non temos ningunha lesión grave. Estamos a falar de poucas semanas. Priorizamos a recuperación das xogadoras".

O técnico está tranquilo porque "temos un cadro moi bo, con posicións dobradas e cunha canteira á que lle estamos dando moita importancia". 

Conclúe que esta circunstancia de baixas non "é nada grave nin nada que nos preocupe neste momento"

En canto ao SC Braga, é a primeira ocasión na que participa neste torneo; e é o cuarto equipo portugués en tomar parte após o Boavista FC, Valadares Gaia FC e FC Famalicão.

Finalizado o choque, o Dépor ABANCA adestrarase de novo este domingo 10 de agosto ás 10:30 en Abegondo.