O Dépor ABANCA B defende o liderado de Tercera Federación en Valladolid no único partido en ANOSACANTEIRA feminina
Esta fin de semana xógase un único partido en ANOSACANTEIRA feminina.
O Deportivo ABANCA B (na foto da noticia) defende o liderado da Tercera Federación o domingo 15 de decembro ás 13:00 horas en Valladolid ante o CD Parquesol, pechacancelas da categoría.
Por conseguinte, descansan o Orzán SD Sub-21, o Orzán SD Xuvenil, Orzán SD Cadete, Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B.
No entanto, as canteirás Antía Veiga, Sofía Rodríguez, Martina Santamarina, Daniela Macedo e Claudia Sande competirán coa selección galega sub-16 na Primera Fase do Campionato de España por autonomías que terá lugar en Vigo. Os rivais das galegas serán Illas Baleares e Castela a Mancha.
Así pois, o calendario de partidos desta mini xornada é o seguinte:
Tercera Federación 15ª xornada: CD PARQUESOL - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de decembro ás 13:00 horas no Municipal José Luis Saso (Valladolid) Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 34 puntos; 2. Olímpico de León e CD Villa de Simancas, 33 puntos; 4. RC Celta e Sárdoma CF, 32 puntos... 16. CD Parquesol, -1 puntos
Primera Autonómica Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21, 35 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 32 puntos; 3. RC Celta B (un partido menos), 30 puntos...
Segunda Autonómica Clasificación: 1. SCD Pastoriza (un partido menos), 32 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil, SD Tordoia e Xallas FC (un partido menos), 29 puntos; 5. UD Carral (un partido menos), 23 puntos...
Liga Galega Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 24 puntos; 2. Victoria CF e Racing de Ferrol, 21 puntos...
Liga Galega Clasificación: 1. Victoria CF, 30 puntos; 2. Orzán SD Infantil A (un partido menos), 24 puntos; 3. SCD Milagrosa (un partido menos), 21 puntos... 5. Orzán SD Infantil B (un partido menos), 12 puntos...