RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B dobra o xeonllo ante un Sporting de Gijón de superior categoría

O Dépor ABANCA B visitou ao Sporting de Gijón en Mareo no seu terceiro partido consecutivo ante un rival de Segunda Federación e fóra de Abegondo nesta pretemporada, após os anteriores ante o Real Avilés CF e o Atlético Villalonga FF.

As branquiazuis non puideron frear (3-0) ás xixonesas e vólvense de Asturias cunha derrota.

Óscar Orro tamén puido contar coas futbolistas que mañá mércores están citadas polo primeiro equipo para medirse en Abegondo ao Real Oviedo: Martina Rivas, Antía Veiga, Paula Novo, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Laura Ruiz e Lucía Rivas. Todas elas, salvo a internacional Antía, foron titulares.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Paula Novo, Carmen Carballada, Laura Otero, Paula Redruello, Yanís Citoula, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Lucia Rivas e Dunia Dahmouni. Tamén xogaron: Antía Veiga, Antía Brage, Amnah Youssaf, Daniela Macedo, Paula Martínez, Iria Otero e Candela Fernández

O desta tarde foi o primeiro dos dous partidos desta semana para o filial feminino, posto que o domingo 25 de agosto o Dépor ABANCA B mídese ás 19:00 no campo de Santa Isabel en Santiago ao Victoria FC co torneo Unindo Camiños en xogo.

Os resultados até a data das deportivistas son os seguintes:

Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Atlético Vilalonga FF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Candela Fernández)
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA B 0